RetroFed Forum
Your home away from modern life.
A Xunta rebaixa o IRPF ás rendas altas e centra a presión fiscal nas medias e baixas
Post Reply
AuthorMessage
Petasetas tardigram.com Petasetas@tardigram.com
Joined: 2025-07-13
Quote

As políticas fiscais definen os intereses que defende a forza política que as propón. Se un Goberno prima os impostos indirectos nos seus orzamentos, adoita implicar unha aposta por unha fiscalidade regresiva, que beneficia aqueles sectores da sociedade coas rendas máis altas, ao fixar os tipos de gravame sen ter en conta o nivel de ingresos do suxeito impositivo. Pola contra, se aposta polos impostos directos, considérase que defende unha fiscalidade progresiva, que favorece as persoas con menos ingresos e contribúe á función primixenia das políticas fiscais de distribuír a renda.

10   Original
Post Reply
Back to top